O PP vixiará os pasos que dea o Concello co caso do técnico de emprego

Julia Rodríguez. (Foto: EP)
photo_camera Julia Rodríguez. (Foto: EP)

O grupo municipal do PP de Monforte critica que o alcalde, o nacionalista Severino Rodríguez, deixe que se perda a axuda da Xunta de Galicia para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local. O partido pide ao equipo de goberno local que aclare se vai facer unha nova contratación «contravindo a normativa estatal» ou se opta por manter a praza existente con fondos municipais. En calquera dos casos, a formación popular advirte que vixiará «que se fai e como leva a cabo, e no caso de que se recorra a unha nova contratación todos os desempregados deberían poder participar no proceso».

O alcalde explicou o luns ante a prensa que efectivamente se perdeu a subvención para contratar a un axente de emprego pero engadiu que fora por un erro informático, xa que o trámite deixouse para o último día de prazo e ese día a vía telemática de presentación da solicitude fallou. O PP rexeitou eses argumentos e apuntou que os responsables do trámite tiveron un mes para presentar a solicitude sen esperar a esa última xornada. O partido quere que o equipo de goberno asuma o erro e as consecuencias que del se derivan. «Un erro que impedirá que a cidade conte cun axente para a promoción do emprego nun dos municipios máis castigados polo paro», explicou a formación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios