O PP teme que a sucidade dos sumidoiros de Lugo provoque inundacións

Sumidero tupido en la Rúa da Factoría. PP
photo_camera Sumidero tupido en la Rúa da Factoría. PP

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo denunciou que boa parte da rede de sumidoiros da cidade está “tupido pola falta de mantemento dos sumidoiros”, razón pola que demandou unha “limpeza profunda”.

Os populares afirman que nas distintas visitas de barrio que realizaron pódese apreciar que esta é unha queixa xeneralizada e que preocupa a comerciantes e veciños “xa que se neste momento chove, aínda que non sexa con demasiada abundancia, haberá inundacións seguro”.

O edil Ángel Trabada detallou que “hai zonas onde a terra acumulada xa conforma unha masa compacta”. O concelleiro apuntou a zonas como a Rúa da Factoría (no Ceao), Río Lor, Avenida Duquesa de Lugo, ou a zona de Fingoi. O grupo lamentou a imaxe de descoido “” que presentan os barrios da cidade xa que “non só están abandonadas os sumidoiros en zonas da periferia, senón que tamén hai problemas en vías principais como a de Fontiñas".

Comentarios