O PP lancarés cifra en máis de 20 os postos creados con plans de cooperación

O goberno do PP de Láncara destacou onte a política de emprego realizada no que vai de mandato, a cal permitiu contratar a máis de 20 persoas con plans de cooperación da Xunta, ademais de dispor de tres talleres de emprego e dúas brigadas de incendios, segundo manifestou o concelleiro Andrés Caballero.

«A maiores contratáronse tres monitores de lecer e tempo libre, dúas profesoras de inglés para os máis pequenos, unha de ximnasia, outra de patinaxe e unha orientadora laboral», engadiu Caballero, quen tamén asegurou que se mantiveron todos os postos de persoal laboral temporal sen prescindir de ningún traballador».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios