viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

O PP iniciará en setembro a designación dos seus candidatos ás municipais

O PPdeG iniciará o próximo mes de setembro o proceso de designación de candidatos de cara ás próximas eleccións municipais e empezarán a coñecerse os primeiros nomes, indicou hoxe o secretario xeral do partido en Galicia, Alfonso Rueda.

"Queremos chegar a setembro coa maquinaria preparada para comezar coa designación de candidatos, e de aí celebración de congresos durante todo este tempo por todos os concellos de Galicia", dixo hoxe durante unha reunión cos alcaldes e portavoces na oposición do PP nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Caldas.

Tras o encontro, no que estivo acompañado polo presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, Rueda considerou beneficiosas estas xornadas para traballar coordinados e buscar mellores solucións, informan os populares nun comunicado.

Entre outros temas tratouse a reforma electoral, ante a que o PP defende a elección directa de alcaldes por considerar que "é a única fórmula que respecta a vontade maioritaria dos cidadáns", sinalou.

A xuízo dos populares, "os primeiros supervisores políticos dos problemas dos cidadáns son os alcaldes, que son os que están en contacto permanente con eles e pegados ao terreo".

"Os alcaldes piden proximidade, que esteamos preto deles e na medida do posible que se atendan cuestións fundamentais como son as políticas orientadas á diminución do desemprego, ou os servizos sociais", salientou Louzán.

O PP iniciará en setembro a designación dos seus candidatos ás...
comentarios