O PP destaca na Mariña que a pesca é unha das súas prioridades

El desayuno informativo, en foto facilitada por el PP
photo_camera El desayuno informativo, en foto facilitada por el PP

O PP da provincia de Lugo deu conta este venres da importancia do sector pesqueiro na comarca da Mariña e salientou, durante un acto de cara ás eleccións europeas do día 25, que a pesca é una prioridade para o Partido Popular.

O Asador de Barreiros acolleu este venres un almorzo informativo, os populares lucenses reuniron a preto de 200 representantes do mundo empresarial, do comercio e do sector pesqueiro. Entre outros representantes políticos da provincia, estiveron presentes o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, a candidata ás eleccións europeas Carmen Pardo, o presidente provincial e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, e o secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, quenes destacaron a importancia de apoiar ao PP o vindeiro 25 de maio "para que a recuperación de España continúe".

Os participantes resaltaron as decisións apoiadas por España nesta materia, que lograron conseguir una política pesqueira europea beneficiosa para o país, que garantise a sustentabilidade desta actividade.

Barreiro destacou o papel de Miguel Arias Cañete, cabeza de lista do PP, a quen definiu como "o candidato máis preparado e que mellor coñece as institucións europeas grazas aos seus anos de traballo como eurodeputado e ministro".

Comentarios