O PP de Baleira decidirá o luns quen será o próximo alcalde da localidade

Ángel Martínez-Puga (Foto: EP)
photo_camera Ángel Martínez-Puga (Foto: EP)

Os contactos nas filas do Partido Popular para decidir quen será o próximo rexedor de Baleira xa comezaron e todo apunta a que o número dous da candidatura e actual tenente de alcalde, Ángel Enrique Martínez-Puga López, será quen tome as rendas. No entanto, a decisión non será firme ata o luns que vén, cando se reúna o grupo municipal para abordar a cuestión.

Posteriormente, convocarán un pleno para formalizar o nomeamento tanto do novo alcalde como a toma de posesión do edil que entra en substitución do falecido Francisco Acal. Será o número sete da candidatura do PP nas últimas eleccións, José Riveiro, que xa fora concelleira en anteriores mandatos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios