O Consello da Xunta aprobou hoxe o plan estatístico anual da CA, que contará cun investimento de 1,2 millóns de euros para 159 operacións e que, como novidade, inclúe enquisas sobre o seguimento das directrices de ordenación territorial ou un panorama dos sete principais Concellos.
En total, o programa recolle 24 estatísticas novas vinculadas á demografía, o territorio, o emprego, o sector empresarial ou a administración local.
O programa será executado polo Instituto Galego de Estatística e as consellerías, a través dos seus órganos demoscópicos sectoriais.