O xornalista lucense Pablo Vázquez Sande recibe o Napolitan de comunicación

O galardón entrégase na Universidade de Virginia ► É o terceiro que recibe vinculado á súa tese doutoral sobre o 'storytelling'

O xornalista lucense Pablo Vázquez Sande, compañeiro do diario El Progreso, foi galardoado co premio Napolitan de comunicación, que entregan a próxima madrugada en Washington e á que, por motivos profesionais, non pode acudir, pero que recollerá unha compañeira da Universidade de Granada.  "Foi unha sorpresa cando mo deron, supoño que ao final tamén é un estímulo para seguir traballando e para seguir pondo a Galicia no nome da comunicación política", manifestou.

Este premio recoñece a traxectoria profesional, deste tamén profesor da Universidade de Santiago (USC), e o percorrido académico, coa publicación no último ano de "máis" de 30 artigos publicados en revistas "científicas" e "presenza en congresos nacionais e internacionais".

Así, este mozo de 30 anos consegue o seu terceiro premio internacional, todos eles vinculados á súa tese doutoral sobre o storytelling, respecto da comunicación política.

O premio entrégase na Universidade de Virginia, en Washington, e os anteriores recibiunos en Cancún e na Universidade de Houston o pasado ano, coñecido como Victory, considerado como "un Óscar á comunicación", considerou.

Comentarios