O Pazo das Musas revive o ambiente de cabaret da Bela Otero no Museo

Una actriz brinda por la Bella Otero. Foto: PEPE TEJERO
photo_camera Una actriz brinda por la Bella Otero. Foto: PEPE TEJERO

O Museo Provincial de Lugo converteuse por unhas horas de onte nun impostado cabaret co gallo do número que a revista oral O Pazo das Musas lle dedicou a artista e muller de comportamento libre A Bela Otero.

Foron outras mulleres -Alicia Fernández, Marica Campo, Encarna Lago, Noemí López, Paula Cabaleiro, e Noa Persán- as que lle renderon recoñecemento participando no acto con poemas, louvanzas e pezas de arte dedicadas á figura desta muller que triunfou no París da Belle Époque.

Os actores dos grupos Palimoco e da Aula de Teatro da USC actuaron nun espectáculo que lembraba ese tempo de champán e lentexoulas no medio dun Refectorio transformado nun local nocturno grazas aos personaxes que se movían en decorados nos que soaba a música máis frívola da Francia dos anos 10 do século pasado.

Consiga AQUÍ aa información completa

Comentarios