O paraíso verde atópase en Baleira

Área recreativa de Fonteo (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Área recreativa de Fonteo (Foto: Sebas Senande)

Baleira reúne moitas posibilidades para os turistas, pero sen ningunha dúbida o viajante que visite o municipio quedará marabillado con todos os tons verdosos que se poden apreciar na zona.

A localidade é un lugar de turismo verde cuxo atractivo fundamental é a posibilidade de realizar excursións que ofrecen a oportunidade de contemplar unhas vistas panorámicas inmellorables percorrendo as seis áreas recreativas.

A beleza natural e a creada polo home xúntanse na paraxe da Cortevella dando lugar a un dos sitios máis fermosos do municipio.

No miradoiro atópase a escultura de San Francisco de Asís, segundo din o santo protector da natureza. Desde alí pódese apreciar como o río Eo sorprende debuxando ao seu paso uns impresionantes meandros que dan lugar a unha paisaxe caprichosa froito da aleatoriedad da erosión fluvial. Algúns tan orixinais como o de Volta, roca á que rodea en case a súa totalidade. Tamén destaca a beleza natural dunha pequena fervenza.

Os amantes do sendeirismo poden gozar da Ruta da Mina desde a mesma área recreativa. Trátase dun carreiro de pequeno percorrido que transcorre ao longo do río Eo ata unha antiga mina de ouro.

Neste espazo, dos máis importantes para o Concello, atópase unha das reservas de hayedos máis grandes de todo o continente europeo.

Na área recreativa de Fonteo e baixo os pés dun vello castaño brotan as augas da Serra do Miradoiro que dan lugar ao nacemento do río Eo. Ademais, no lugar pódese visitar o antigo caserón que hoxe, unha vez restaurado, é o Centro de Interpretación do Eo. Tamén nos ofrece a posibilidade de percorrer un tramo da Ruta da Marronda.

Outro das áreas recreativas é a da Fontaneira, onde as augas que dan orixe ao río Neira, e que posteriormente desenbocarán no Miño, recóllense nunha fonte situada no lugar da Lameira. Este punto de interese regala momentos de paz e tranquilidade a todo o que se achegue.

Nada máis entrar en Baleira vese a área do Cádavo que conta cunha ampla zona verde na que foron instaladas grelladas para o uso de todos os visitantes e veciños.

Nesta zona destaca especialmente o singular elemento escultórico que preside a área recreativa. Trátase da única réplica do capitel da Sacra Familia de Barcelona que realizou o escultor lucense, Manuel Mallo.

Todas as áreas recreativas están acondicionadas con diverso mobiliario para gozar de comidas ao aire libre do mesmo xeito que as verdes paraxes de Trabeiro e A Braña.

As instalacións da piscina municipal do Concello, envolvidas en cores verdosos, son outro lugar onde poder gozar do sol nos meses de verán.

A variedade da flora en todo o municipio de Baleira é excepcional e abundante. Entre ela atópanse grandes e vellos carballos, haxas, avellanos, endrinos ou acivros entren outros.

OUTROS ATRACTIVOS
Patrimonio e gastronomía

Baleira ofrece un itinerario turístico por seis igrexas para coñecer parte do patrimonio histórico. Do século XVIII atópase a igrexa de San Pedro de Esperela que conserva restos da primitiva edificación románica.e a igrexa de Santiago de Córneas, que se acha á beira dun dos tejos máis valiosos de Galicia. No mesmo século tamén se erixiu a igrexa de Santa María Magdalena de Reizos e varias capelas. O turista pode ver de cerca construcións rurais típicas como as pallozas e os hórreros de Córneas, Martín e Vilar de Adrios. En Baleira pódese gozar de variados e abundantes produtos de carne de tenreira e porco. Destacan os embutidos como o butelo, prato típico da zona.

Comentarios