O pavillón de Feira do Monte albergará un campionato de tute o sábado

A comisión de festas de Feira do Monte, coa colaboración do Concello de Cospeito, organiza o sábado 15, no pavillón da localidade, un campionato de tute no que se repartirán máis de 5.000 euros en premios.

A parella gañadora percibirá 1.500 euros e a finalista, 800. A terceira e cuarta clasificada serán recompensadas con 500 euros, mentres que da sexta á oitava percibirán 200 euros. Tamén hai fixados premios para os mellores xogadores da repesca que obterán 400, 300 e150 euros, respectivamente, do primeiro ao cuarto posto.

O custo da inscrición no torneo, que se desenvolverá a partir das 16.00 horas, é de 80 euros por parella, coa cea incluída. O prazo para anotarse péchase o día 13 e o sorteo será o venres ás 21.00 horas na casa de cultura de Cospeito. Os interesados poden chamar ao 600.86.58.80 ou ao 646.97.30.89.

Comentarios