O Osa do Mar encherá Burela

A organización pensou nun campionato BBT, skate, graffittis e música. O festival fichou ao grupo Rosvita e reestruturáronse os horarios
El montaje del recinto ferial ya comenzó y este miércoles llegará la carpa
photo_camera El montaje del recinto ferial ya comenzó y este miércoles llegará la carpa

Setembro empeza o mes cargado de actividades da man de Osa do Mar, festival cuxo montaxe avanza estes días na Marosa. Ofrece ademais un campionato de BBT, concurso de skate e grafitis, actividades organizadas por Fanto Fantini para este fin de semana. Haberá moita música e unha exposición de coches clásicos para todos os que se acheguen durante o venres e o sábado a Burela.

O primeiro evento a ter a conta será o campionato de BBT, skate e roller, que se celebrará o venres coa colaboración da asociación Puncturebmx. O sábado as bicis volverán estar presentes coa marcha BBT Osa do Mar, que se organiza o sábado desde as catro da tarde en colaboración co Club Ciclista de Burela e con Clube Cerdeira Bikes.

Os fans do graffitti terán o seu oco coa exhibición nos muros do espigón e do campo da Marosa ás 17.30 horas.

Á hora do té será a quenda da exhibición de coches clásicos no paseo da Marosa. Para os máis pequenos tamén haberá unha chea de actividades programadas para que se divirtan. Haberá talleres musicais e xogos para que os nenos o pasen pipa.

Para animar o festival haberá música por toda Burela, xa que desde a praia, ata locais de hostalería e o propio recinto acollerán os máis variados concertos. Así poderá gozarse da música de Rosvita, Nistra, Batuko Tabanka (que o pasado ano tiveron moito éxito e estarán o sábado ás 17.00 horas na Marosa), Hexany ou Pálidas. As entradas véndense a 15 euros o bono e a 10 euros soltas.

Comentarios