ACB. O Obradoiro, máis preto da salvación

O equipo compostelán verase as caras este mércores co Tenerife, a primeira das súas tres opcións para selar a permanencia

O Rio Natura Monbús Obradoiro está a un paso da permanencia. O equipo compostelán necesita gañar este mércores para selar de forma matemática a salvación. 

E é que a derrota do Estudiantes a mans do UCAM Murcia (67-82) este martes, deixa á escuadra galega a unha vitoria do seu obxectivo. A primeira bóla de salvación (dos tres partidos que quedan) deberá xogala o Obradoiro este mércores (21.45 horas), ante o Iberostar Tenerife, un equipo ao que nunca logrou vencer na súa pista.

Comentarios