O niño pequeno de avespa asiática de Xove gardaba máis de 180 exemplares

Los GES inspeccionan el contenido del avispero (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Los GES inspeccionan el contenido del avispero (Foto: José Mª Álvez)

A operación para eliminar o primeiro niño de avespas asiáticas de Xove concluíu con éxito, xa que o insecticida que inxectaron os grupos de urxencias supramunicipais (GES) o martes pola noite tivo o seu efecto e onte pola mañá, cando abriron o niño, comprobaron que tanto as avispas -unhas 180- como as larvas, estaban mortas.

Sen tempo para o descanso, onte pola noite os GES actuaron sobre o segundo niño, unha operación que se antollaba máis complicada por varios motivos. O primeiro as súas dimensións, unhas dez veces máis grande que o primeiro avispero e cun diámetro dun metro, e o segundo a súa situación, encaixado nas ramas máis altas dun amieiro, a uns doce metros de altura, nunha leira forestal de difícil acceso.

CONSECUENCIAS
«Tiña seis colmeas e morreron todas», di un apicultor

A operación para abrir o niño desenvolveuse en plena praza do centro cívico de Xove, ademais en día de mercado, e foron moitos os veciños que se achegaron a ver as avespas, entre eles algúns apicultores que sufriran os seus efectos. «Tiña seis colmeas ao lado da casa e morreron todas», comentaba un deles, veciño de Sumoas, quen aseguraba que as avispas metíanse no interior da colmea. Outro apicultor, José Antonio Quelle, de Vilalpol, vía outro ‘modus operandi' nas avespas: «Nunca as vin entrar na colmea, dan voltas diante dela esperando polas abellas que veñen co néctar e xa as pillan; nunca comen a que sae de dentro, comen a que vén de fóra», insiste. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios