O lucense que recibiu un tiro do seu pai segue en estado grave

Fontes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) informaron de que o mozo de 24 anos que o martes pola tarde recibiu un disparo do seu pai no pescozo continúa en estado "grave" e foi trasladado á unidade de enfermos medulares.

O mozo foi trasladado nun primeiro momento ao hospital Lucus Augusti de Lugo ao redor das 16.15 horas do martes, cando a súa nai alertou ao 112 de que se produciu un tiroteo na rúa Tino Grandío. Con todo, a gravidade das feridas fixo que finalmente fose trasladado ao Chuac, onde o mércores foi intervido.

O pai, de 62 anos, ingresou o mércores no cárcere de Bonxe (Lugo) despois de que o xulgado de instrución número 1 de Lugo decretase prisión comunicada e sen fianza por un presunto delito de tenencia ilícita de armas e outro de homicidio en grao de tentativa.

Comentarios