O Lobo Carrasco incendia Twitter ao felicitar a Muguruza

O exfutbolista e comentarista engadiu aos seus eloxios un comentario sobre as pernas da tenista
El Lobo Carrasco con Gervasio Deferr
photo_camera El Lobo Carrasco con Gervasio Deferr

O Lobo Carrasco armouna en Twitter cando intentaba encomiar á tenista Garbiñe Muguruza, que este sábado conseguiu o seu primeiro título de Grand Slam en Roland Garros.

O comentarista e ex-xogador do Barcelona non se limitou a felicitar á deportista polo trofeo, se non que engadiu aos seus eloxios un comentario sobre as pernas da tenista.

Esa mención superficial e allea ao extrictamente deportivo desatou a ira dun gran número de persoas, que non dubidaron en tachar de machista ao tertuliano do Chiringuito de Jugones.

Dentro do río de insultos e memes relacionados á mensaxe do Lobo Carrasco tamén existen os defensores do ex-xogador blaugrana, que consideran esaxerado o balbordo e as reaccións que provocou un comentario que, ao seu modo de ver, só pretendía afagar á deportista.

O propio protagonista da polémica respondeu ás críticas na súa conta de Twitter facendo referencia ás virtudes físicas doutros deportistas e artistas, como o futbolista Sócrates ou o cantante Michael Jackson.

Comentarios