jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

O Lar das Pontes acolle un curso de iniciación á pesca desde a praia

A Lareira de Endesa, nas Pontes, acolle a partir deste venres un curso de iniciación ao surf-casting ou pesca desde a praia, en cuxa organización colaboran o grupo Endesa e a sociedade de caza e pesca A Venatoria das Pontes.

A presentación destas xornadas formativas, impartidas polos instrutores Eduardo Franco e Vicente Pico, será o venres 27, de 20.30 a 22.30 horas, na cafetería das instalacións. As primeiras clases teóricas, tituladas ‘Materiais e confección de baixos', desenvolveranse o sábado, de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas, e o domingo, só en horario de mañá.

A parte teórica concluirá o 3 de febreiro, de 20.30 a 22.30 horas, mentres que o sábado os asistentes ao curso trasladaranse a Viveiro para realizar as prácticas. Pola mañá farán exercicios de rebaixa na praia de Abrela e, pola tarde, pescarán na de Area.

Este curso, que se organiza por primeira vez nas Pontes, ten un custo de 40 euros e o número de prazas está limitado a 20. O prezo inclúe os materiais de aprendizaxe, aínda que cada alumno deberá levar o seu propio equipo de pesca para realizar as prácticas. Os desprazamentos e as comidas tamén corren a cargo dos asistentes.

O Lar das Pontes acolle un curso de iniciación á pesca desde a praia
Comentarios