El Lama das Quendas es el IES de Galicia con mejores expedientes

O Instituto de Ensino Secundario (BAC) Lama das Quendas de Chantada logrou situarse en Galicia como o que ten mellores expedientes en segundo curso de bacharelato. A cota alcanzada vén dada porque cinco alumnos conseguiron entrar na listaxe de 54 mellores expedientes académicos do curso elaborado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).

Cinco alumnos da Lama das Quendas foron quen deron a talla necesaria para entrar entre os ‘xenios' e participar nun curso da UIMP celebrado a semana pasada en Bamio, localidade de Vilagarcía de Arousa. Os seus nomes son: Patricia Novoa Losada, Andrés Vázquez Figueiras, Carmen Vázquez Taboada, María Pérez Varela e Natalia Seijas Castro. Durante catro días, estes e o resto dos mellores estudantes galegos recibiron diversas explicacións sobre o futuro que lles espera na universidade.

Selectividade

O vicedirector do centro, Xurxo Pereira Morata, felicitou aos alumnos polo traballo realizado no curso así como pola distinción. Ao tempo recordou que o centro logrou este ano tamén situarse entre os primeiros de Galicia nas probas de selectividade xa que na convocatoria de xuño superaron os exames todos os alumnos presentados.

Os directivos do centro consideraron de gran importancia o nivel conseguido tanto polos cinco alumnos destacados como por todos os que superaron a selectividade ao demostrar que os métodos empregados ao longo do curso así como a constancia e disposición dos estudantes dan o seu froito.

A directiva entende que o listón queda moi alto para o próximo curso aínda que estima que é un referente a seguir por outros alumnos.

Comentarios