O xulgado vilalbés ratifica a prisión para o acusado de drogar a Branco

O caso leva agora desde a capital chairega. O home mantivo a declaración inicial que ofreceu en Lugo
El acusado, a su salida del juzgado de Vilalba
photo_camera El acusado, a su salida del juzgado de Vilalba

O Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba confirmou a decisión de manter en prisión provisional comunicada sen fianza para o veciño de Guitiriz J.J.B.L, de 43 anos, acusado de intentar envenenar con ansiolíticos ao párroco Afonso Branco Torrado.

O home, ao que se lle imputa un delito de homicidio en grao de tentativa e outro de roubo, acudiu este luns ás dependencias xudiciais da capital chairega, desde onde levan agora o caso, despois de que se inhibise o xulgado lucense –que iniciou o proceso a petición da Fiscalía e a raíz do informe médico remitido desde o hospital Lucus Augusti– por ser no municipio de Guitiriz onde ocorreron os feitos.

Neste acto, repasouse a documentación recollida sobre o caso ata o momento, incluída a declaración de J.J.B.L. cando pasou a disposición xudicial no xulgado de Lugo. O acusado remitiuse o pasado luns en Vilalba ao que declarara entón e a xuíza mantivo a decisión tomada xa naquel momento de que siga no centro penal de Bonxe para cumprir coa prisión provisional sen fianza polos feitos ocorridos o pasado sábado 14 na vivenda do imputado, na parroquia de Santa Locaia de Parga.

O guitiricense asegurou cando pasou a disposición xudicial que non tivo intención algunha de envenenar ao párroco e que este puido beber de forma accidental dun vaso de leite no que introducira un Tranxilium 50 para el.

Quen tamén pasou na mañá do luns polo xulgado de Vilalba foi o propio Alfonso Blanco, para manter un encontro co forense para valorar as secuelas da elevada inxesta de ansiolíticos que sufriu e que o mantivo ingresado no Hula dez días.

O cura de Guitiriz, que este luns manifestou atoparse "cada día mellor", foi por segunda vez ás dependencias vilalbesas en apenas uns días, posto que estivo o pasado venres para declarar, como afectado –non interpuxo a nivel particular ningunha demanda contra J.J.B.L., un home cun perfil problemático ao que axudaba desde facía tempo–, por todo o ocorrido.

Comentarios