O xefe do Exército, o xeneral Prayuth Chan-ocha, autoprolámase primeiro ministro provisional

O xefe do Exército tailandés, o xeneral Prayuth Chan-ocha, autoproclamouse primeiro ministro provisional do país, despois de que os militares tomasen o poder onte nun golpe de estado.

O Consello Nacional para a Paz e a Orde (CNPO), o nome oficial da xunta militar que lidera Prayuth, informou nun comunicado que o xeneral asumirá as funcións administrativas do cargo ata que se atope un novo candidato definitivo.

"Posto que as leis estipulan que o primeiro ministro autoriza accións baixo a lei, o líder do CNPO ou os individuos que este designe asumirán polo momento a autoridade", dixo o comunicado segundo o diario Bangkok Post.

Prayuth, quen hai tres días declarou a lei marcial no país, asumiu onte todo o poder logo de considerar errados os intentos de que o Executivo interino e os antigobernamentais alcanzasen un acordo.

Comentarios