O inglés, desde o principio

Reyes Yanes, en el colegio focense. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Reyes Yanes, en el colegio focense. (Foto: José Mª Álvez)

O colexio O Pilar de Foz é un dos tres centros lucenses incluídos, no seu primeiro ano de funcionamento en Galicia, no programa Beda, un plan para o fomento do inglés en centros católicos de toda España. O centro focense, no que se imparte educación infantil, primaria e secundaria, está no apartado de bilingüismo -multilingüismo en comunidades con dous idiomas propios- grazas a que levan catro anos impartindo en inglés a materia de plástica en primaria, ao que suman que contan cunha auxiliar de conversación. Dáse a circunstancia de que a lectora, londiniense de nacemento reside en Foz. Boa parte dos profesores contan coa titulación esixida para poder impartir a súa materia en inglés, aínda que de momento é só un estudo o poder ampliar o biligüismo a educación física.

Un proxecto como moitos outros que ten o centro, onde o inglés pasou a ser unha actividade máis. De feito, os saúdos e as oracións na lingua de Shakespeare xa non son unha rareza e os alumnos asimilárono á perfección. «Ao principio chocáballes, pero agora xa o teñen asumido», asevera Reyes Yanes, coordinadora do proxecto Beda e unha das profesoras de inglés do centro, xunto a Vitoria González, que da clases en Secundaria.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios