O incendio dunha casa en Palas obrigou a desaloxar tamén unha pensión

Parte del techo y el interior del inmueble calcinado.  (Pepe Tejero/EP)
photo_camera Parte del techo y el interior del inmueble calcinado. (Pepe Tejero/EP)

Un incendio calcinou onte de madrugada a vivenda de dúas anciás, situada na Avenida de Compostela, en pleno centro da localidade de Palas de Rei, e provocou gran alarma na veciñanza. Aínda que os danos materiais son cuantiosos, afortunadamente, as dúas octoxenarias, -Margó Ouro e Carmen Vázquez- , que son cuñadas, resultaron ilesas e lograron saír polo seu propio pé. Barállase que a orixe das chamas foi a cheminea do inmoble, que xa causaría problemas o día anterior pola tarde.

Ao parecer, as chamas iniciáronse ao redor das 4.00 horas da madrugada cando as anciás atopábanse xa na cama. «Depois de cear esperamos a que se apagase a cociña de leña e deitámonos coma sempre. Pero as catro dá maña despertei para mirar a hora, fun acender a luz e percateime de que non había. Entón abrín a porta e xa vin as enormes lapas», apunta Margó.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios