O home que asaltou o Banesto invadiu cunha pancarta un carril da A-8

Enrique Martín Fanjul, dos días después del asalto al Banesto, en Ribadeo. Foto: IG
photo_camera Enrique Martín Fanjul, dos días después del asalto al Banesto, en Ribadeo. Foto: IG

O home que o pasado 16 de outubro foi arrestado pola Garda Civil por entrar na sucursal bancaria de Banesto cun coitelo e un falso cóctel molotov, foi denunciado onte polos axentes do cuartel ribadense por cometer outra falta por unha desorde pública. Enrique Martín, asturiano de 57 anos e residente na vila, foi interceptado cando entorpecía o tráfico da Autovía do Cantábrico (A-8), ao camiñar por un carril, mentres portaba unha pancarta. Por iso enfróntase ao pago dunha multa aínda por determinar.

Este pensionista leva anos estudando pola súa conta diferentes textos legais -véselle a miúdo polo telecentro da vila e pola bibilioteca municipal documéntadose- porque sente vítima do sistema que, ao seu xuízo, non lle protexeu ante unha enfermidade laboral que lle deixou secuelas.

Afirma que elevou o seu caso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos en Estrasburgo que fai uns dous anos respondeulle que «aínda non estaban esgotadas todas as vías legais dispoñibles en España, ¡tras case 20 anos de litixios!», exclama.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios