O fillo dun narco ten en vela aos veciños de Vilagarcía

O café 'Furacán', antigo 'Villaurora', situado xunto ao paseo marítimo de Vilagarcía, regenteado polo fillo do narco Luís Juerguen, condenado a 16 anos de prisión e actualmente fuxido, foi denunciado en varias ocasións por exceso de ruído.

Rodolfo Xoguen fíxose co local o verán pasado, desde entón utiliza a terraza do mesmo para organizar concertos que duran toda a noite e perturban o sono dos veciños da avenida da Mariña e rúas adxacentes, que xa presentaron numerosas denuncias á Policía Local.

Con todo, cada vez que os axentes chegan ao local a música cesa, polo que non é viable concretar denuncias.

Os veciños advirten de que existe unha "contravigilancia" do local, que cadece de licencia municipal.

Pola súa parte, Tomás Fole, alcalde da vila, declarou que "falará co propietario e realizarán maiores controis" e que se non se modifica a situación terá que ordenar o peche.

O local é un dos cinco expedientados tras a festa da auga por exceder o horario e producirse desordes na vía pública.

Comentarios