O grupo Xente Nova actúa o domingo no convento da Mercé de Sarria

O grupo Xente Nova, formado por estudantes do colexio mercedario de Verín, ofrece mañá unha actuación no convento da Mercé de Sarria, onde participará na eucaristía dominical.

O grupo está formado por 35 novos alumnos de ESO, que tomarán parte na misa do domingo baixo a dirección do pai Camilo. Trátase dunha agrupación integrada só por voces brancas co acompañamento do órgano e doutros instrumentos como saxo, trompetas ou guitarras.

Convivencia

Xente Nova cantará no convento sarrián aproveitando uns días de convivencia entre alumnos dos colexios da Mercé deste municipio e de Verín.

A agrupación é moi coñecida sobre todo na provincia de Ourense, onde realizou múltiples actuacións en igrexas parroquiais, pero tamén noutras localidades, como é o caso de Chantada.

Comentarios