O grupo Amigos da Pandeireta adéntrase no baile e a gaita

A asociación cultural Amigos da Pandeireta, un colectivo xurdido en 2009 e con sede no barrio da Estación, continúa coa súa ampliación de novas propostas para os seus socios e incluso para o público en xeral, pero sempre baseadas na música tradicional galega. Tras dominar a pandereita, aínda que seguen en formación constante con este instrumento, a partir do mes entrante, haberá talleres de iniciación e perfeccionamento de baile tradicional e gaita galega.

As clases, que se prolongarán durante tres meses, estarán a cargo de recoñecidos profesionais. O de baile tradicional galego impartirao Xosé Maceda, percusionista do emblemático grupo Quempallou, polo que o seu coñecemento, formación e experiencia dos pasos máis representativos do baile é unha garantía de éxito para o alumnado.

As clases de gaita estarán dirixidas por outra experta na matería. Neste caso é Bea Berao, que ademais de música é a directora da academia Big Band, situada na Rúa Cardeal de Monforte, onde se ensinan todos os tipos de estilos musicais.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios