O Goberno pediu explicacións sobre un contrato temporal que fixo Ourol

O alcalde de Ourol, Marcial Sanjurjo, aclarou onte a noticia de que se estaba estudando a impugnación dun contrato realizado polo ente local cando xa entrara en vigor o Real Decreto Lei de estabilidade orzamentaria, que só permite aos concellos a realización de contratos temporais en casos moi excepcionais. Sanjurjo recoñece que tiveron que dar explicacións ao Goberno sobre a contratación dun asesor externo e asegura que o asunto xa quedou resolto.

A noticia xurdiu onte por mor da citación para declarar ante o xulgado contencioso aos responsables do Concello de Ourense por varios contratos realizados logo da entrada en vigor do decreto estatal, unha información na que se apuntaba que se estaba investigando un posible caso en Ourol.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios