O goberno pedirá a pasarela en Covas cando Costas atenda outras solicitudes

O alcalde de Viveiro, Melchor Roel, asegurou no último pleno que o goberno local solicitará a Costas a creación dunha pasarela de madeira na esquina do campo de fútbol de Cantarrana, desde onde está a caseta dos socorristas ata alcanzar as duchas da praia, pero o fará cando o departamento estatal atenda o resto de demandas que efectuou o Concello vivariense.

O rexedor recordou aos populares que é o goberno local quen determina as prioridades. Neste sentido, o Concello solicitou antes o arranxo do tramo do paseo situado fronte o parque, así como a colocación de luces en Covas e Area, ademais de varandas en Punta Arnela e A Insua, onde se danou unha cun accidente e aínda está sen repor.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios