O Goberno canario confirma a aparición dunha mestura de gases e magma no Hierro

O Goberno de Canarias confirmou hoxe nun comunicado a aparición de material fumarento na superficie do mar, mentres que o presidente do Cabildo herreño, Alpidio Armas, sinalou que a aparición dese material magmático coincide coa zona onde se atopou a primeira mancha que evidenciaba unha erupción.

Pola súa banda, a dirección do PEVOLCA informou nun escrito que, debido á aparición de "piroclastos" fumarentas no mar, péchase o acceso ao pobo da Restinga ata novo aviso.

Así mesmo, agrega o comunicado, que se ordenou a volta a porto do buque Profesor Ignacio Lozano e prohibíronse os voos de helicóptero sobre a zona afectada.

"Nunha hora, aproximadamente, poderiamos contar cunha valoración científica sobre o novo escenario", conclúe o escrito.

Comentarios