O Xirona-Real Madrid do domingo non periga

A Liga, a alcaldesa de Xirona e o presidente do club catalán garanten a seguridade a pesar da complexa situación política
Bernardo, del Girona FC, en el partido ante el Deportivo
photo_camera Bernardo, del Girona FC, en el partido ante el Deportivo

A Liga, a alcaldesa de Xirona, Marta Madrenas, e o presidente do club da cidade, Delfí Geli, confirmaron que o partido do domingo contra o Real Madrid disputarase sen ningún tipo de problema a pesar da complexa situación política que atravesa Cataluña.

En declaracións a TV3, Madrenas, que substituíu no cargo a Carles Puigdemont o pasado mes de xaneiro, reivindicou que "en Xirona, como en todo Cataluña, somos persoas absolutamente cívicas e responsables".

Ademais, a alcaldesa sinalou que o debate que se xerou sobre unha posible suspensión do partido por razóns de seguridade "é ridículo". "Non hai que temer por ningún tipo de problema neste sentido", engadiu Madrenas.

No mesmo sentido, Delfí Geli apuntou a TV3 que o encontro entre o Xirona e o Real Madrid "xogarase con toda a normalidade". "Será unha festa do fútbol", sentenciou o presidente do club branquivermello. Segundo destacou Geli, "o que quere a xente é gozar deste ano en Primeira División e ver ao seu equipo competir contra o Real Madrid".

Pola mañá, unha vez concluído o adestramento que os futbolistas de Pablo Machín fixeron en Riudarenes, o centrocampista madrileño Borja García xa insistiu na idea de que o encontro do domingo "será unha festa para a cidade". "Non creo que haxa motivos para suspender este partido", destacou o ex xogador do Real Madrid Castela.

Comentarios