O gaiteiro Ramiro Villamor recibe o sábado unha homenaxe en Pas

Ramiro Villamor (1913-1993), coñecido como ‘o gaiteiro de San Xusto', recibe o vindeiro sábado unha homenaxe popular nesta parroquia do municipio de Palas de Rei.

Os actos iniciaranse, ás 12.00 horas, cunha ofrenda floral e unha misa na igrexa de San Xusto. Despois, actuará a charanga Vos amigos de Manolo e haberá unha comida popular. Pola tarde, en Pas inaugurarase unha rúa co nome do músico e haberá un festival folclórico.

Comentarios