O GAC A Mariña-Ortegal outorga axudas por 534.000 euros para trece proxectos

Taller gastronómico organizado en O Vicedo. (JOSÉ Mª ÁLVEZ)
photo_camera Taller gastronómico organizado en O Vicedo. (JOSÉ Mª ÁLVEZ)

O Grupo de Acción Costeira (GAC-1) A Mariña-Ortegal concedeu na última convocatoria, que data do pasado mes de marzo, axudas por un importe global de 534.271,04 euros, investimento que se distribúe entre trece proxectos, dos que oito son produtivos e pertencen a empresas que reciben 447.715,88 euros, mentres que o cinco restante son non produtivos, isto significa que os solicitaron confrarías de pescadores e concellos por un montante de 86.555,16 euros.

O GAC é unha asociación sen ánimo de lucro que colabora coa Consellería do Medio Rural e do Mar na xestión e control dos Fondos Europeos da Pesca (FEP), do Eixo 4. O grupo leva a cabo este labor desde finais de 2009 no seu ámbito territorial. O seu obxectivo é conseguir a mellora socioeconómica dos pobos costeiros desde Ribadeo ata Valdoviño.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios