O futuro está nas súas mans

Charla de este miércoles en el IES Perdouro de Burela. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Charla de este miércoles en el IES Perdouro de Burela. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ

O proxecto A Mariña Emprende ofreceu onte as dous últimos relatorios das súas primeiras xornadas, neste caso en institutos de Viveiro e Burela, ás que acudiron tamén alumnos de Xove e San Cibrao. O fin consiste en fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes. O proxecto está promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Alcoa e o diario El Progreso.

O técnico do Igape Enrique José Gómez impartiu as charlas aos alumnos acompañado de distintos empresarios. Dolores Santos, de Talleres Garsán, puxo onte a súa anotación persoal para completar a información ofrecida polo responsable do Igape. Os expertos transmitiron aos mozos que non deben asustarse ao intentar unha aventura en solitario unha vez finalizados os estudos.

Este programa inclúe aos institutos e tamén ao Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo. A iniciativa destaca a importancia de que os mozos non se encasillen nunha única saída profesional, senón que busquen alternativas máis aló das máis directas para a súa formación, que se intenta que sexa o máis completa posible.

CONTINUIDADE

As actividades da Mariña Emprende continuarán en diante case ata o final do presente curso académico. Durante os próximos meses irán realizándose iniciativas de distinto tipo que á súa vez serán avaliadas individualmente e tamén de forma conxunta.

A intención é que ao termo do programa se elabore un dossier de conclusións no que se poida determinar, sobre todo, se os mozos ven de forma distinta a posibilidade de emprender unha aventura empresarial en solitario ao acabar os seus estudos.

Os profesores serán os receptores da seguinte iniciativa programada, que consiste en cursos de formación sobre plan de empresa, ferramentas tecnolóxicas de xestión empresarial e habilidades emprendedoras, motivación e iniciativa empresarial. Os alumnos poderán participar para rematar, en maio, nun concurso de proxectos de empresa.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios