miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

O lume iniciouse ao mediodía en catro focos e leva arrasadas 200 hectáreas

O incendio forestal en que faleceu o brigadista H.V.L, de 59 anos, no municipio ourensán de Castrelo do Val, iniciouse ao mediodía en catro focos. Este dato foi confirmado no lugar do sinistro pola conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, quen exclamou en declaracións aos informadores que aínda "hai xente que se empeña en seguir prendendo lume ao monte".
 
Quintana desprazouse ao monte onde aínda continúa vivo o lume, onde destacou que os compañeiros do falecido, "despois do golpe duro que levaron, seguiron traballando para intentar sufocar este incendio". Sobre o traballador, afirmou que se trata dun brigadista con 15 anos de experiencia que recentemente realizara un curso de reciclaxe e era "profundo coñecedor da zona".
 
A representante da Xunta, que informou do desprazamento á zona dunha brigada da Unidade Militar de Urxencias (UME), non quixo aventurar cales foron as circunstancias en que o traballador foi atrapado polo lume, aínda que dixo que podería ser un golpe de vento. No entanto, insistiu en que "hai unha investigación aberta" e é preciso esperar ás conclusións dos técnicos.

Preguntada por unha posible ampliación dos dispositivos de loita contra o lume no monte, afirmou que a Xunta xa o tiña previsto polas condicións climatolóxicas, aínda que agregou que son as mesmas que no resto de España e en Galicia rexístrase un número maior de lumes.

O lume comezou ás 13:35 horas en catro focos diferentes e, segund estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 200 hectáreas, todas elas de arborado.

Na extinción do lume traballan numerosos medios aéreos: oito avións e seis helicópteros, así coma once brigadas, nove motobombas ee tres palas, ademais de seis axentes forestais.

A Unidade Militar de Emerxencias, en concreto cen efectivos do batallón número cinco, con base en León, con seis autobombas e dous camións nodriza desprázanse á zona e está previsto que cheguen en breve.

O lume iniciouse ao mediodía en catro focos e leva arrasadas 200...
comentarios