O fiscal pide tres anos para o policía local acusado de pegarse co seu ex nun pub

El agente y otra acusada, en los juzgados en el mes de abril. (Foto: AEP)
photo_camera El agente y otra acusada, en los juzgados en el mes de abril. (Foto: AEP)

O xulgado do Penal número 1 de Lugo celebrou onte o xuízo contra un policía local de Sarria, J.V.F., e unha muller coa que supostamente mantivera unha relación sentimental, E.S.S., ambos acusados de learse a golpes no medio da pista de baile dun pub de Sarria. Tamén está acusada outra moza, S.B.F.S., coa que ao parecer bailaba o axente cando se produciu a disputa.

O xuízo contra este suposto triángulo amoroso ía celebrarse nun principio a finais do pasado abril, pero E.S.S. non se presentou e a xuíza suspendeu a vista. A muller tampouco acudiu á cita de onte, pero nesta ocasión acordouse celebrar o xuízo.

CONSECUENCIAS
Os feitos custáronlle no seu día un expediente

Por mor da denuncia presentada por E.S.S. contra o axente en marzo de 2010, a Garda Civil procedeu á detención do policía e o Concello abriulle un expediente disciplinario e suspendeuno provisionalmente das súas funcións como membro das forzas da orde. Tamén lle foi retirada a súa arma regulamentaria.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios