O exrexedor de Ourense atribúe os seus elevados ingresos a doazóns e préstamos familiares

O exalcalde de Ourense Francisco Rodríguez, que negou recibir reloxos ou outros obsequios do Grupo Vendex, atribuíu aos seus propios aforros, a diñeiro doado polo seu pai ou prestado polos seus irmáns, os múltiples ingresos -segundo a xuíza sen xustificar- fraccionados que se produciron entre 2008 e 2012 nas contas bancarias das que el é titular, na da súa compañeira Mercedes Astorga e na da súa filla Nuria.

O exrexedor negou influír na adxudicación de contratos ao Grupo Vendex pero si recoñeceu que mediara para contratar a algunhas persoas na empresa, a proposta, sinalou, do propio Adrián Cordero, que lle ofertaba esa posibilidade cando se producían baixas de persoal no servizo.

Rozas defenda a remunicipalización do guindastre para parar a sangría económica

O guindastre leva oito anos de perdas millonarias en Lugo e o concelleiro do PP Enrique Rozas propuxo onte rescatar a concesión e que o Concello preste directamente o servizo para parar a sangría económica. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios