O Eume e todas as súas mortes

Roberto Rego, con el río Eume a su espalda. (Foto: C.Arias)
photo_camera Roberto Rego, con el río Eume a su espalda. (Foto: C.Arias)

Conta a lenda que hai moitos séculos tres ríos que nacen na Serra do Xistral, o Eume, o Landro e o Masma, fixeron unha aposta para ver quen chegaría primeiro ao mar. A recompensa sería que cada ano o vencedor tería un morto. Pero no camiño, fixeron un pacto para descansar e cando o Eume durmiuse, o Landro e o Masma incumpriron o acordo. O Eume, furioso pola traizón, embalou a súa marcha por Muras, As Pontes e A Capela e gañou a aposta ao chegar o primeiro ao mar, en Pontedeume. Despois, o Landro desembocou en Viveiro e o Masma en Foz. Por iso, di a lenda, moitos suicidas afogáronse ao longo do tempo no Eume.

Esta historia, unha das máis antigas que se recordan nas Pontes e que foi recollida por Enrique Rivera Rouco, o que foi cronista oficial da localidade, será a base do novo proxecto do realizador audiovisual pontés Roberto Rego, que pretende «dar a coñecer» o patrimonio oral e tratar de esclarecer se hai algo real no que se conta ou é todo imaxinación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios