O Estado aproba os plans de axuste presentados polos concellos

O Goberno central deu a coñecer onte os plans de axuste que aceptara e que permitirá aos concellos que o teñan aprobado pagar as débedas que teñen pendentes cos provedores datadas ata o 31 de decembro de 2011. Os rexedores de Burela, Viveiro, Ribadeo, Cervo,Mondoñedo, Riotorto, Barreiros, A Pontenova e Alfoz confirmaron onte que recibiran o visto e prace do Estado. Os casos de Lourenzá e Ourol non foron confirmados polos rexedores, pero fontes do PP aseguraron que tamén tiñan o visto e prace do Goberno.

O resto de concellos -Xove, O Vicedo, Ourol, O Valadouro- non o presentou por non serlles necesario e Foz porque o goberno local non contou co apoio dos grupos da oposición para adoptar esta medida.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios