O Erte na planta de Oural chega ao Parlamento galego

O expediente de regulación temporal de emprego (Erte) na fábrica de Cementos Cosmos de Oural chegou onte o Parlamento de Galicia, onde o BNG alertou do perigo de perder os dereitos de produción na fábrica o próximo ano e o conselleiro de Industria apostou polo «diálogo» entre a empresa e o Concello de Triacastela para garantir a actividade na única cementeira galega.

O asunto foi tratado no Parlamento a preguntas do deputado nacionalista Cosme Eladio Pombo, quen recordou que a aplicación do Erte deixará sen emprego durante 14 meses aos vinte traballadores que quedan en Oural e implicará «o peche definitivo da fábrica».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios