O empresario que comeu con Nicolás en Ribadeo foi quen destapou o caso

Una de las ilustres fotos de Francisco Nicolás Gómez. (AMA)
photo_camera Una de las ilustres fotos de Francisco Nicolás Gómez. (AMA)

A comida que Francisco Nicolás Gómez mantivo na vila ribadense, o pasado 13 de agosto, con Jorge Cosmen, herdeiro do fundador de Alsa, foi máis determinante aínda do que se cría para destapar a trama pola que o mozo se presentaba como enlace entre o Goberno e A Zarzuela. A investigación, segundo puido saber este xornal, puido iniciarse grazas ás chamadas que o empresario fixo ao termo da reunión, tanto aos seus contactos na Casa Real, como aos da Vicepresidencia do Goberno.

Ao reputado empresario pareceulle "rocambolesco" o despregamento de coches e escoltas, para unha reunión de carácter privado na que non se concretou nada. Por iso sospeitou e decidiu contrastar a identidade de quen dicía estar moi preto da Casa Real.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios