A emotiva homenaxe de Touriñán ao seu avó tras o seu falecemento

O humorista enterrou ao seu familiar horas antes de que se emitise a última entrega de 'Land Rober' e emocionou ao público coas súas palabras
Touriñán, emocionado
photo_camera Touriñán, emocionado

O cómico Xosé Antonio Touriñán viviu este xoves un día moi especial. Horas antes de acudir ao Land Rober tivo que enterrar ao seu avó. Durante o programa dedicoulle unhas fermosas palabras, que emocionaron ao público do estudio e aos espectadores.

"Hai días que os cómicos non temos ningunha gañas de rirnos nin de vir traballar, porque temos gañas de chorar. Hoxe pola tarde enterrei ao meu avó, que non era só o meu avó, era tamén o meu amigo, pero creo que non hai mellor homenaxe para rendirlle que estar aquí convosco", dixo o humorista de Culleredo visiblemente emocionado, mentres Roberto Vilar e todo o público lle tributaba un sonoro aplauso.

Comentarios