O Exército nega disparar contra os fieis ao ex presidente exipcio

Unha fonte militar negou hoxe en declaracións a Efe que o Exército exipcio disparase contra fieis ao deposto presidente Mohamed Mursi ante a sede da Garda Republicana no Cairo, onde polo menos 42 persoas morreron e máis de 300 foron feridas.

Segundo a fonte, un grupo armado intentou irromper no edificio da Garda Republicana e, ao fracasar pola gran presenza de forzas de seguridade no seu interior, disparou de xeito indiscriminado contra os manifestantes para causar o caos e facilitar o asalto.

Segundo esta fonte, que pediu o anonimato, un oficial da policía morreu por disparos e corenta policías resultaron feridos de distinta consideración.

Ademais, nun comunicado, as Forzas Armadas sinalan que tiveron que responder a un ataque contra o cuartel da Garda Republicana no que os  "agresores, que dispuñan de grandes cantidades de armas, municións, armas brancas ye cócteles molotov".

Comentarios