O 'Egmont' de Beethoven inaugurou a tempada da Filarmónica Lucense

Foto: XESÚS PONTE
photo_camera Foto: XESÚS PONTE

A Real Filharmonía de Galicia, a soprano Isabel Rey e o actor e dramaturgo Quico Cadaval foron onte o elenco de luxo que abriu no salón rexio do Círculo de las Artes de Lugo a tempada da Sociedad Filarmónica Lucense.

O programa de inauguración correu por conta de Beethoven e Goethe, autores do libreto da obertura para sinfónica e soprano ‘Egmont’, que nutriu a parte principal do repertorio de onte.

Os músicos interpretaron tamén dúas cancións sinfónicas de Gustav Mahler.

Comentarios