O director do CDC di que a enfermeira de Dallas está ''clínicamente estable''

O director dos Centros de Control de Prevención e Enfermidades (CDC) de Estados Unidos, Thomas Frieden, informou hoxe de que a enfermeira contaxiada de ébola en Dallas (Texas), identificada pola súa familia Nina Pham, está "clinicamente estable".

Nunha rolda de prensa, o director do organismo tamén alertou de que pode haber novos contagios entre o persoal que atendeu a Thomas Eric Duncan, o paciente liberiano enfermo de ébola que faleceu o pasado mércores.

"Debemos considerar a posibilidade de que haxa casos adicionais de ébola entre os traballadores que atenderon a Duncan", dixo Frieden.

Por mor deste contaxio, o primeiro ocorrido dentro do país, Frieden afirmou que Estados Unidos debe "repensar" o modo no que "aborda" o control do ébola no seu propio territorio.

"Un só contaxio é inaceptable", alertou.

O director dos CDC, que tras coñecerse o contaxio de Pham este domingo afirmou que houbera "un fallo no protocolo" de atención a pacientes con ébola, dixo hoxe que aínda non lograron identificar que foi o que pasou.

De todos os xeitos, desculpouse por dar a entender" que o fallo foi responsabilidade da enfermeira.

Preguntado por unha eventual cancelación dos voos a Estados Unidos procedentes de Liberia, Serra Leona e Guinea, os tres países de África Occidental que concentran a epidemia de ébola, Frieden dixo que o importante é agora combater ao virus na súa orixe.

"O inimigo é o ébola; non un país, non un paciente, non un hospital", agregou.

Pham, de 26 anos, foi unha das enfermeiras que atendeu no Hospital Presbiteriano de Dallas a Duncan, o primeiro caso diagnosticado fóra de África Occidental.

Comentarios