O diario 'Depor Sport' deixará de imprimirse en papel

O diario deportivo Depor Sport entrará desde mañá na era dixital, deixando de imprimirse en papel, logo de oito anos de presenza nos kioskos. A partir de agora, o diario estará a disposición dos usuarios nunha versión web gratuíta.

A Asociación da Prensa da Coruña (APC) lamentou esta mañá a desaparición deste medio impreso, que fora a aposta editorial de Edicións Deportivas Galegas, empresa vinculada ao Real Club Deportivo da Coruña.

"Aínda que na edición de hoxe anúnciase que o diario entra, desde mañá, martes, na era dixital, o peche da edición impresa supón un novo golpe ao xornalismo e, por suposto, á pluralidade informativa", sinalou a APC nun comunicado.

A asociación expresou a súa preocupación pola situación dos traballadores, aos que se lles debe 41.287 euros, aos que hai que engadir 23.209 máis correspondentes aos colaboradores do mesmo. En total, o diario presenta unha débeda concursal de máis de 1,5 millóns de euros.

Comentarios