O debate sobre a saúde mental do acusado é a clave

O xuízo contra Juan Carlos Pernas viviu onte pola tarde un dos seus momentos craves, co testemuño dos expertos periciais que debían determinar se era ou non plenamente responsable dos seus actos no momento de cometer o crime. A resolución deste dilema marcará a diferenza entre unha condena de 12 anos ou unha de máis de 23.

Trátase dunha batalla entre peritos. As armas das acusacións veláronas os tres médicos forenses que, por orde do xulgado instrutor, elaboraron o informe psiquiátrico sobre imputabilidade do acusado. En realidade, foron dous, xa que tiveron que redactar un segundo como resposta ao presentado polos peritos da defensa, dúas psicólogas que defenden que actuou baixo os efectos dun brote psicótico. En realidade, as declaracións de todos eles e as preguntas das partes debuxaron o sempiterno enfrontamento entre psiquiatras e psicólogos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios