O cupón diario da Once reparte 350.000 euros entre Cospeito e A Pastoriza

O premio divídese en 10 cupóns agraciados con 35.000 euros cada un

O cupón diario da Once repartiu 350.000 euros nas localidades da provincia de Lugo de Cospeito e A Pastoriza, en 10 cupóns premiados con 35.000 euros cada un, no sorteo do xoves 23 de febreiro de 2017.

O axente vendedor da Once Benigno Gil Río é quen levou a sorte a varios dos seus clientes habituais da súa ruta de venda, entre Cospeito e A Pastoriza, entre os que repartiu os 350.000 euros, segundo informa a organización.

O cupón diario da Once do 23 de febreiro, dedicado ao 800 Aniversario dos Amantes de Teruel, tamén deixou premios en localidades da Comunidade Valencia, agraciada con 350.000 euros; e Cataluña (140.000 euros).

Comentarios