O consorcio turístico da Ribeira Sacra renova a súa web para ofrecer máis contidos

O consorcio turístico da Ribeira Sacra traballa na renovación da súa páxina web en internet co fin de ofrecer un maior e mellor contido das ofertas que calquera visitante pode atopar na zona.

Os labores de actualización do sitio comezaron hai dous meses, esperándose que estean finalizadas en breve. Iso non impide que a web albergue algunhas novidades, como un vídeo promocional da Ribeira Sacra, un enlace coa páxina da denominación de orixe Ribeira Sacra ou os datos dos gañadores dun concurso de fotografía sobre a paisaxe. A instantánea gañadora por votación da comunidade de Facebook na modalidade ‘E ti que ves en outono’ é de Iria Rodríguez, unha vista do Canón do Sil desde o balcón de Santa Cristina. O xurado profesional optou por unha obra de Neil Wikes, na que ven bancales de viñedos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios