O consello social monfortino debateu o impulso de plans como o do porto seco

O Consello Económico e Social de Monforte reuniuse na tarde de onte tras dous anos sen facelo para analizar a situación na que se atopan diferentes infraestruturas que o alcalde, Severino Rodríguez, considera «fundamentais para o desenvolvemento do concello e da comarca». Entre elas está a petición á Xunta de Galicia para que asuma canto antes a constitución dun ente de promoción e comercialización do porto seco, en trámite de urbanización na súa primeira fase.

O consello, integrado por forzas sociais e económicas do municipio monfortino, tamén estudou o plan de execución da vía de alta capacidade a Sarria, os plans da Xunta para conectar o porto seco con esta estrada e coa Nacional 120 e as perspectivas que existen para que a autovía Ponferrada-Ourense por Monforte, a A-76, chegue a ser unha realidade.

Comentarios