miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

O concurso para dotar o Hula de radioterapia está "na fase final", insiste a conselleira

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, confirmou a entrada na "fase final" do concurso para adxudicar os servizos de medicina nuclear e radioterapia no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) de Lugo. A máxima responsable da sanidade galega fixo estas manifestacións durante unha entrevista emitida este domingo pola Radio Galega, recollida pola axencia Europa Press.

O concurso "está nas últimas fases, pendente dun informe", sinalou a conselleira, para logo indicar que, "en canto chegue ese informe", adxudicarase". Ese "informe" pendente, segundo explicou esta semana o portavoz municipal do PP en Lugo, Jaime Castiñera, é unha autorización do Ministerio de Facenda. Este permiso espérase para comezos de ano, segundo insistiu Castiñeira.

A implantación destes servizos foi demandada por unha plataforma cidadá de Lugo, que recolleu 42.000 firmas en apoio a unha ILP (iniciativa lexislativa popular) que foi finalmente aprobada polo Parlamento. Con todo, esta semana, o PP introduciu (co voto en contra de toda a oposición) varias modificacións na Lei de garantías de prestacións sanitarias que "corrixen" (segundo o PP) ou "desvirtúan" (segundo a oposición) esa ILP.

ALCALDES CONTRA O PP

As modificacións parlamentarias xeraron unha forte tormenta política na cidade de Lugo, que foi amainando co paso dos días. Aínda así, este sábado, os alcaldes socialistas da Montaña de Lugo emitiron un duro comunicado contra o PP. Nese texto, os rexedores acusan á formación que goberna Galicia de deixar "vendidos" aos máis de 40.000 veciños que asinaron a ILP.

Os alcaldes da Fonsagrada, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Pedrafita do Cebreiro avanzaron que presentarán mocións nos respectivos plenos municipais para que a Xunta "dea marcha atrás". Engaden que non descartan levar a cabo mobilizacións no caso de que a Administración autonómica persista "na súa teima de seguir discriminabdo aos lucenses".

O concurso para dotar o Hula de radioterapia está "na fase final",...
comentarios